Fotografía Roi Cruz Filgueira - Susana Román
Deseño gráfico Roi Cruz Filgueira
O titulo da presente exposición fai referencia ó Casco Vello como a orixe da cidade de Vigo, ó tempo que Casco Bello alude a unha visión pretendidamente non costumbrista, nin folclórica.
Máis alá do mimetismo, a obra pictórica resólvese e recréase fora da realidade visual e dentro do cadro. Á nosa situación na rúa non permite, por exemplo, que máis alá da Praza da Constitución poidamos ollar a ría, ainda que este aí. Esto resólvese atendendo a aquelo que coñecemos e que se organiza libremente dentro do cadro. É preciso para elo transgredir as leis da perspectiva e da percepción, atendendo á realidade do que sí sabemos.
Intencionadamente, os lugares son fácilmente recoñecibles a partir de aquelo que podemos recordar, sin que realidade e pintura se correspondan. Non importa o número de edificios, de ventás en cada un deles, nin a súa cor, nin sequera o tipo de espacio que representa o conxunto. Repítense elementos de tipo referencial tales como a torre do Concello, a Panificadora ou o Hotel Bahía sin facerse un criterio do evidente significado, positivo ou negativo, de cada un deles, están ahí e non se ocultan. É o espectador quén ten que xulgalos e posicionarse na situación real a partir do cadro.As fotografías son a parte documental do proxecto, pretenden transmitir a autentica realidade, sin trastocala ou idealizala. Son os ollos dunha persoa nun instantante calquera que transita o redor de Casco Vello. Non foron pensadas nin estudiadas a priori, son una ferramenta para contextualizar ó observador nese lugar, nese instante e nesa ollada.Casco Bello é un proxecto composto por 23 cadros, 23 fotografías, unha serie de acuarelas e a pretensión de extraer de todo elo unha colección de postais e un pequeno catálogo, que acheguen o feito artístico ó público máis alá do que representa a adquisición da obra de arte orixinal.
Vigo
05-03-09
Poida que
viñeran pegadas o bico que inchaba os panos, ou se cadra, fosen catapultadas dende cuberta por coletazos estertores de fauna xa extinta.
Luxárono todo; a pedra e os corpos. Romperon os vidros, ¡houbo nubes e néboa de
vidros mariños con chuvia de prata! Poida
que viñeran en paquebotes, en postáis ou no interior dos sobres de centos de
cartas atadas con corda. Poida que viñeran do norte ou do sur dos trópicos, dos
paralelos, da Indochina… Quedaron aquí e trazaron as rúas cos horizontes
escachados de cidades abisais. Son luz e
noite da ánima de neón dun morto ben
vivo. Míraas, velaí están.
Julián Rodríguez
COLECCIÓN DE POSTAIS
Traseira das postais
01 Praza da Constitución
03 Rúa Elduayen
04 Panificadora
05 Praza da Pedra
06 Porta do Sol
07 Recuncho de Poboadores
09 Rúa de Abeleira Menéndez
10 Praza de Argüelles
11 Castelo de San Sebastián
12 A Ribeira
13 Rúa da Barroca
14 Paseo de Alfonso XII
15 Entrada ao Barrio Alto
16 Praza do Peñasco
17 Barrio do Cura
18 Barrio de Santa Marta
19 Rúa da Laxe
20 Recuncho de San Luis
EXPOSICIÓN
catálogo
Tarxeta
CADROS
01 Rúa de Abeleira Menéndez 1
02 Recuncho de San Luis
03 Paseo de Alfonso XII
04 Panificadora
05 Praza do Peñasco
06 Recuncho de Poboadores
07 Ría de Vigo
08 Castelo de S. Sebastián
09 Rúa Abeleira Menéndez 2
10 Praza da Constitución
11 Praza de Argüelles
12 Rúa Elduayen
13 A Ribeira
15 Dende o Paseo de Alfonso
16 Barrio de Santa Marta
17 Praza do Paseo de Alfonso XII
18 Porto de Vigo
19 Casco Vello imaxinario
FOTOGRAFÍAS
01 Recuncho de San Luis
02 Curruncho de Poboadores
03 Rúa de Abeleira Menéndez 1
04 A Ribeira
05 A Panificadora
06 Castelo de San Sebastián
07 Praza do Peñasco
08 Praza da Constitución
09 Rúa Elduayen
10 Rúa Abeleira Menendez 2
11 Ría de Vigo
12 Barrio do Cura
13 Praza de Argüelles
14 Dende o Paseo de Alfonso
15 Barrio de Santa Marta
16 Praza do Paseo de Alfonso XII
18 Porto de Vigo
19 Interior
No hay comentarios:
Publicar un comentario